A nosa labor é atender as necesidades, características e desexos da poboación da nosa contorna e ofrecerlles respostas, pero o máis importante é o xeito en que o facemos: con conciencia e corazón.
Analizamos a realidade, creamos, poñemos en práctica e avaliamos proxectos socioeducativos adaptados aos grupos ou persoas a quen se destinan e aos
obxectivos que se desexan acadar. As persoas participantes as protagonistas principais das súas (des)aprendizaxes.
En Outrora ofrecemos espazos para a experimentación acompañada, pois avogamos por procesos educativos participativos, vivenciais e cooperativos nos que
unha aprendizaxe significativa pasa por ter como base a experiencia propia e procura acadar un relacionamento solidario coa contorna. Promovemos espazos
plurais e respectuosos con tódalas persoas, ofrecendo recursos moi variados, dende o xogo e as dinámicas grupais, ata o debate e a reflexión colectiva, fronte ao método
máis tradicional de escoita vertical e aulas maxistrais.
Propoñemos unha metodoloxía na que o importante non é o que dicimos nós, senón os lugares polos que pasan e aos que chegan as persoas ás que acompañamos,
mediante o uso das ferramentas que lles ofrecemos. Traballamos con recursos innovadores, orixinais e divertidos porque non queremos que aprender sexa sinónimo de aburrimento e porque o uso da imaxinación e da fantasía permítenos chegar a novos imaxinarios e incentivar o pensamento crítico.