¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

O NOSO OLLAR

A FORTALEZA DO COMÚN

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Cos nosos proxectos socioeducativos queremos dar resposta ás necesidades detectadas a través da observación e análise da realidade. Pulamos por novas maneiras de facer, de medrar e de construír en colectivo. Apostamos por metodoloxías que permiten traballar no fomento da autonomía e da liberdade e facelo de xeito transversal tendo moi en conta as distintas realidades existentes. As prácticas de bo trato e a pedagoxía dos coidados son a nosa carta de presentación.

Estamos no presente e coa vista posta cara o futuro. Mais parécenos de vital importancia recuperar sabedorías e maneiras de facer valiosas que quedaron
esquecidas. O noso pasado ten un peso significativo que nos permite entender o noso presente e transformalo para crear un futuro mellor. Recuperemos o colectivo!

Dende a fortaleza do común, é dende onde avogamos por un quefacer plural e colectivo, sempre respectuoso coas identidades das persoas participantes. E tamén por isto, consideramos esencial o traballo en rede con outras cooperativas, asociacións e entidades afíns, porque nos permite acoller as necesidades reais e emerxentes dos diferentes sectores da sociedade. Queremos escoitar, reflexionar e adaptarnos a unha realidade cambiante.

Para finalizar, queriamos salientar o imprescindible que nos parace estar en continua formación, ampliar o noso coñecemento e ser autocríticas co que facemos. Educar de xeito responsable obriga a estar en constante revisión para mellorar os procesos de comunicación coas persoas usuarias, así como para xerar alternativas que se adapten ao momento e ás necesidades das mesmas.

O NOSO QUEFACER

ACOMPAÑAR PROCESOS SIGNIFICATIVOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Analizamos a realidade, creamos, poñemos en práctica e avaliamos proxectos
socioeducativos adaptados aos grupos ou persoas a quen se destinan e aos
obxectivos que se desexan acadar. As persoas participantes sempre son as protagonistas principais das súas (des)aprendizaxes.

QUERES TRABALLAR UNHA TEMÁTICA ESPECÍFICA NA TÚA INSTITUCIÓN E PRECISAS QUE CHE BOTEMOS UNHA MAN?