¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

SOBRE NÓS

UN ESPAZO NO QUE ATREVERNOS A SER

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Outrora é unha Cooperativa que se comeza a xestar no Baixo Miño, no ano 2021, mediante conversas entre persoas con inquedanzas comúns e formación nos eixos educativo e social. Falar do que sentimos, do que pensamos e compartir as nosas experiencias, fíxonos reflexionar sobre como tería sido para nós medrar con
liberdade nunha contorna ideal que nos permitise soñar cun futuro aquí.

Agora eses intereses comúns son o noso proxecto de vida. Outrora vén ao mundo no 2022 como espazo no que experimentar, no que atrevernos a ser, no que acompañar. Queremos ser un lugar seguro, amplo e divertido onde poder desfrutarnos!

 

AN

MESTRA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Intuitiva, alegre, meticulosa e moi comunicativa; An é un persoa sensible e moi
coidadosa á hora de intervir e mediar nas situacións que enfronta. Logo de
estudar Educación Primaria en Pontevedra, decide seguir formándose en
Pedagoxía, centrando o seu estudo no deseño, análise e avaliación de plans
educativos adaptados a diferentes contextos e persoas. Sempre en constante
aprendizaxe, estivo e está activa en diversos movementos sociais, converténdoa
nunha persoa dinámica, querendo deixar pegada en calquera que se anime a
participar das nosas actividades.

 

NURIA

EDUCADORA SOCIAL

Divertida, enérxica e moi creativa; Nuria é unha persoa xenerosa, flexible e
espontánea capaz de crear espazos amplos, amenos e cómodos con facilidade. A súa sinceridade e honestidade axudan á autocrítica propiciando mudanza e transformación. Estudou Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela e conta con formación nas áreas de Dinamización Comunitaria e Xénero. A súa facilidade para sacar tempo de onde non o hai permítelle participar activamente en diversos proxectos sociais, onde continúa en constante revisión e (des)aprendizaxe.

O NOSO OLLAR

A FORTALEZA DO COMÚN

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queremos apostar por novas maneiras de facer, de medrar, de construír colectivo.
Apostar por metodoloxías que permitan traballar no fomento da liberdade e da
autonomía e facelo de xeito transversal tendo en conta as distintas realidades existentes. Impulsamos as prácticas bo trato e a pedagoxía dos coidados.

DETECTACHES UNHA NECESIDADE NA TÚA CONTORNA E QUERES QUE LLE DEAMOS RESPOSTA?